jueves. 25.04.2024

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou no acto de inauguración da cuarta edición de Primaveira no Camiño Inglés, unha iniciativa de promoción da gastronomía e da cultura dos municipios polos que pasada a ruta xacobea, promovida pola Asociación de Municipios do Camiño Inglés. O seu obxectivo é poñer en valor os atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos dos concellos polos que pasa esta ruta, que une Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.

Entre as 11.00 e as 20.00 horas, a praza de Armas acolleu os postos dos 16 municipios adheridos á asociación: A Coruña, Abegondo, Betanzos, Cabanas, Carral, Fene, Ferrol,Mesía, Miño, Narón, Neda Ordes, Oroso, Paderne, Pontedeume e Santiago de Compostela.

Na súa intervención destacou que o Camiño Inglés foi un dos tramos que máis creceu nos últimos tempos. No 2019 os peregrinos que realizaron este itinerario incrementáronse nun 25%, ata alcanzar os preto de 14.000.

No 2021 arredor do 8% foron peregrinos que fixeron o Camiño Inglés, situándose como o terceiro itinerario máis escollido nesta recuperación, só por detrás do Francés e do Portugués.

Ademais, lembrou que "a través do Plan Director do Camiño de Santiago, desde o Goberno galego vimos promovendo a súa posta en valor, a través de traballos de conservación e sinalización do itinerario e do seu patrimonio por un importe de preto de 2 millóns de euros".

O representante do Goberno galego recalcou a Xunta conta cun Plan Director e Plan Estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021 no que investiu 105M€ e só neste Ano Santo reserva 85,8M€ para garantir a seguridade de peregrinos e turistas. Neste senso, subliñou que "ao igual que non nos quedamos de brazos cruzados nos meses máis duros da pandemia, agora seguiremos reforzando a idea de que Galicia é un destino turístico seguro, con medidas novidosas como o seguro coronavirus, que cubre os custos sanitarios, de transporte e aloxamento ante casos de contaxio de covid-19 de viaxeiros e os seus acompañantes que teñan que facer corentenas".

O Camiño Inglés, a terceira opción máis elixida polos peregrinos