jueves. 25.04.2024

Os membros do xurado do VII Certame de relatos “Nun Recuncho da Memoria” Afaga Alzheimer emitiron o seu veredicto. Os traballos gañadores son “Misterios gozosos”, escrito por María Caamaño López, residente en Madrid-España, na categoría de galego e “El vendedor de recuerdos”, escrito por Claudia Alejandra Morales, residente en Buenos Aires-Argentina, na categoría de español.

Nesta ocasión o tema abordou o tema do “confinamento e superación persoal”, o alzhéimer ou outra demencia, vistas como patoloxías que illan a quen as padece e as súas relacións sociais e familiares, como a capacidade para superar as adversidades é fundamental para seguir persistindo na vida, principalmente no actual contexto social de crise sanitaria.

Dende o equipo organizador do concurso de Afaga Alzheimer estamos moi agradecidos e sorprendidos pola alta participación de diferentes historias llegadas desde Sudamérica, Europa e África, e pola alta capacidade de transmitir as emocións e a claridade na mensaxe presentada polo diferentes escritores nas máis de 90 obras recibidas.

Afaga Alzheimer recibe 90 relatos