viernes. 29.03.2024

Julio Lado é a cuarta xeración desta familia numerosa de ourives. A mostra reúne unha selección de pezas realizadas por el ao longo da súa vida, “pezas dun elevado valor porque ninguén cincelaba nin repuxaba como el, é un auténtico mestre” -salientan as comisarias-. Tamén se amosan os debuxos orixinais das obras, o que permite coñecer como foi o proceso de traballo. Ademais, recreouse unha pequena parte dun taller cun tabliz -banco de traballo- con ferramentas tradicionais moi antigas, algunhas delas xa non existen e moitas ideadas pola propia familia.

Horarios da exposición

A exposición poderá visitarse na Casa do Cabido de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.

'Lado, unha saga de ourives composteláns'