miércoles. 24.04.2024

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, acolle a exposición”Dobre Quadratura”, con instalacións dos artistas Lois Patiño e Jorge Perianes. Remata este domingo, 23 de maio.

Tal como indica a comisaria, “trátase dunha mostra que enxalza o espírito barroco da Casa do Cabido, auspiciando a idea do misterio que se oculta tras o pano pétreo da súa fachada. E, como na vella técnica pictórica da Quadratura, na que o engano artístico (trompe-l'œil) propiciaba que as figuras flotasen elevándose nun imaxinario ascenso cara ao firmamento, os dous artistas, Lois Patiño e Jorge Perianes, interveñen o espazo das salas, creando o seu singular acto escénico”.

A exposición poderá visitarse de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20:00 horas, e os domingos de 11.00 a 14.00 horas. Os luns a Casa do Cabido pecha ao público.

'Dobre Quadratura'