jueves. 25.04.2024

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa “A Escola na Cidade”, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. No marco deste proxecto, mañá mércores celebrarase unha nova actuación no Paraninfo da Universidade de Santiago, na facultade de Xeografía e Historia, ás 20.30 horas.

Os violinistas Clara Pedregosa e Christian Casanova, Vicent Máñez á viola, Clara Martínez ao violoncello e Bernardino Assunçao ao clarinete.

Estas actuacións son gratuítas pero, debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19, as persoas interesadas en asistir deberán reservar praza (máximo dúas por persoa), enviando un correo electrónico a [email protected] (indicando o seu nome, apelidos e teléfono), ata o día do concerto ás 12:00 horas.

Obras de Brahms, Bach, Böhme, Poulenc e Pergolesi

O público asistente terá a oportunidade de gozar co Quinteto para clarinete e cuarteto de corda de Johannes Brahms; da man dos violinistas Clara Pedregosa e Christian Casanova, Vicent Máñez á viola, Clara Martínez ao violoncello e Bernardino Assunçao ao clarinete.

A velada continuará coa Fuga nº 2 para o clave ben temperado de Johann Sebastian Bach, o Preludio e fuga nº 1 de Oskar Böhme, Sonata para trompa, trompeta e trombón de Francis Poulenc e concluirá coa Sonata en trío nº 4 de Pergolessi. Estas obras serán interpretadas polo trompista Miguel Linares, o trompetista Pedro Cases e o trombón Jon Etterbeek. A duración do concerto será duns 70 minutos.

Quinteto para clarinete e cuarteto de corda de Johannes Brahms