viernes. 19.04.2024

Tui vai conmemorar o 350 aniversario da publicación da obra 'Entremés famoso sobre a pesca do río Miño', este luns, 12 de abril, festivo local.

O acto comezará ás 18 h no salón de sesións da casa do concello coa presentación do libro “Miño, o rio das letras”. No mesmo inclúese a edición facsímile do “Entremés famoso sobre a pesca no río Miño”.  Intervirán no acto Luís García Mañá, presidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto; Xosé González Martínez, presidente da Fundación L. Peña Novo; Valentin García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; António Barbosa, presidente da Cámara de Monçao; un representante da Deputación de Pontevedra; e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

A continuación terá lugar na rúa Ourense na zona axardinada a carón da Área Panorámica, a descuberta dun monumento conmemorativo do 350º aniversario da publicación da obra 'Entremés famoso sobre a pesca do río Miño', doado  pola Escola de Canteiros de Poio. No mesmo actuarán Diego Alonso, gaita, e Ramón Corral, percusión.

Tui celebra o 350º aniversario da publicación da obra 'Entremés famoso sobre a pesca do...