El Mehdi e Edimar, protagonistas no nacional de Torrevieja

Novamente El Mehdi El Naboaui confirmándose xa como unha realidade que o converten no novo referente do atletismo galego das distancias de fondo, volveu proclamarse ¨oficiosamente¨ campión de España, desta vez, da proba dos 5.000 m. cun rexistro de 14:51.07 que representan ademáis  unha mellor marca persoal.

Esta primeira posición, súmase á lograda neste mesmo ano no Campionato de España de Campo a través en Getafe no que parece vai ser unha tempada na que o estradense dará moito de falar.

Outra das atletas que está dando moito que falar polo seu estado de forma é a venezolana Edymar Brea quen  na proba dos 10.000 m. lograba establecer un fantástica rexistro de 33:09.93 que supoñen novo Récord Nacional venezolano e mínima para tomar parte nos Campionatos Sudamericanos. Por si fora pouco, lograba a segunda posición nesta proba malia que igual que acontecía con El Medih, sen dereito a podio.

A outra das atletas que tomaba parte nesta carreira era Uxía Pérez do Playas de Castellón, quen pouco a pouco vai recuperando sensacións. A internacional fondista, remataba no décimo posto nesta final A con 36:19.18.

Por último na categoría Sub18 masculina excelente cuarta posición para o lucense Antón Martínez, logrando un moi meritorio posto na proba dos 5.000 m. cun rexistro de 15:09.89  que melloran amplamente o décimo terceiro lugar colleitado en Outubro do ano pasado no nacional de Tarragona

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada