A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.211, deles 685 son da área da Coruña, 139 da de Lugo, 141 da de Ourense, 251 da de Pontevedra, 598 da área de Vigo, 303 da de Santiago e 94 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 176 en unidades de hospitalización e 2.002 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 113.221 persoas curadas, rexistrándose 2.357 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.877.214.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 559.814.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA | DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS | |
NÚMERO DE CASOS | 2.211 | 0 usuarios |
1 profesionais | ||
FALECEMENTOS | 2.357 | 355 en residencias |
435 en hospitais e residencias integradas |
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.