Un segundo posto e tres finalistas, balance galego no nacional Sub20

O Concello de Antequera foi sede durante esta fin de semana dos Campionatos de España Sub20 de pista cuberta á que acudiron un total de quince atletas galegas e galegos

A nivel de resultados o máis destacado foi a segunda posición lograda polo internacional e primeiro clasificado no Campión de España de campo a través Sub20, o atleta da A Estrada El Medih El Nabaoui na proba dos 3.000 metros cun crono de 8:21.39. e onde a súa condición de extranxeiro (malia ter debutado ca selección española no 2018) impediulle recibir a medalla.

De igual modo foron moi destacadas as cuartas posicións de Raúl Cortizo da Gimnástica en salto de lonxitude quen melloraría considerablemente a súa MMP chegando ata os con 7.14 m. o mesmo que Hugo Vázquez do Marineda quen nos 60 valos marcaba nas semifinais 8.15 para unha vez na final, estalecer novamente unha MMP de 8.10 ca que lograba o meritorio cuarto lugar.

Nos saltos, a campiona galega absoluta de aire libre Lola Bouza do ADAS Proinor lograba o quinto lugar na final grazas aos 3.55 m. quedando a tan só un centímetro da súa MMT .

O resto de participantes lograban as seguintes postos e rexistros:

  • Javier Jiménez do C.A.Sada, semifinalista nos 60 m. con 7.06
  • Roi Martínez e Jorge Román Leiros do R.C.Celta, semifinalistas nos 200 m. con 22.83 e 22.34 respectivamente
  • María Fernández do Riazor Coruña, semifinalista nos 400 m. con 57.85
  • Victoria González da Atlética Lucense, semifinalista nos 1.500 m. con 2:16.16
  • Irene Barreiro do Ría Ferrol, semifinalista nos 800 m. con 2:17.10
  • Iker González da Atlética Lucense, semifinalista nos 1.500 m. con 4:04.80
  • Carmen Martínez de A Gándara 8ª na final A, e Branca Fernández do San Miguel de Marín 4ª na final B, nos 3.000 m. con 10:52.58 e 10:40.00
  • Carlos López de A Gándara, 4º na final B nos 3.000 m. con 8:35.53
  • Angel Granado do Real Club Celta,  9º lugar na final de peso con 10.49 m.
Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada