O biógrafo Fernando Fernández Rego, en Santiago, a principios de decembro do 2020.

Fernando Fernández Rego, biógrafo de Andrés Dobarro: “Co libro a xente descubriu un novo Andrés”

“O importante, para min, do libro é dar a coñecer ese ascenso e caída de Andrés Dobarro. Un ascenso meteórico xa que chega a vender centos de miles de copias de discos en 3 anos, manténdose no top en todas partes e pasa logo a un esquecemento brutal”, así resume Fernando Fernández Rego o miolo da súa biografía sobre Andrés Dobarro.

Unha biografía practicamenteoficial xa que non existe outra. “Ogallá houbese outras porque cantas máis visións dunha cousa, mellor. Sempre enriquecen e favorecen o personaxe”.

Se Andrés Dobarro seguise entre nós, Fernández Rego cre que “iría virando cara a canción de autor. As súas últimas cancións e a etapa de Belter son cancións maduras. Así coa etapa Pop inicial sería un artista consolidado. Posiblemente de ampla traxectoria e con gran cantidade de discos publicados. Todo isto se tivese, no seu momento, a oportunidade de manterse, sen ter a caída que tivo”.

O biógrafo Fernando Fernández Rego, en Santiago, a principios de deceembro do 2020.

“Andrés loita” afirma Fernando. Fai esa gravación, dese disco perdido que paga el do seu diñeiro (segundo a súa viúva, Paula, gastou medio millón de pesetas). E intenta que llo editen, pero non o consegue. Por iso rematan perdéndose esas cancións. Mais o disco estaba completamente gravado…

ÉPOCA DESCOÑECIDA

Fernando Fernández Rego sinala que pouco sabemos –“practicamente non sabemos nada”-do cantante ferrolán entre 1975 e 1986. Sabemos que vive uns anos en México; que volve a principios dos anos 80; sabemos que grava o disco do que se rescatan agora esas 5 cancións e coñecemos a súa etapa de locutor radiofónico na Coruña con Nito Pereira. “Radio Feliz na Coruña é unha das primeiras FMs de Galicia. Andrés conduce un programa que ten éxito. Esta era una faceta descoñecida de Andrés”.

Andrés Dobarro.

Consta que hai tamén “un último intento de relanzar a súa carreira musical que sae mal tamén. Porque o leva un manager moi nefasto. Non vou dar o nome…Houbo problemas de cartos…Este derradeiro intento de Andrés por volver á música non sae ben tampouco”.

DESCUBRIMENTOS

A biografía de Fernández Rego, segundo el mesmo, fai varios descubrimentos. Por exemplo, rescata unha versión de San Antón en holandés que fixo un artista desa nacionalidade. Esta versión estaba perdida e coñécese grazas á biografía.

O libro recolle tamén manuscritos de cartas persoais de Andrés Dobarro e aspectos importantes sobre composicións.

Fernando Fernández Rego durante a presentación do disco de Andrés Dobarro.

“Outra cousas importante para min, independentemente da biografía, é que se rescata algún relato curto de Andrés. Non se coñecía esta faceta do ferrolán, que facilitou a súa filla Andrea”.

“O máis positivo é dar a coñecer facultades descoñecidas de Andrés Dobarro. As cancións perdidas do selo Belter, que agora felizmente se rescatan, e que estaban fóra dos tres LPs que saca. A influencia do Gospel, da música americana…Todo isto xa figura no libro antes desta edición actual e ninguén, creo, a analiza antes. Reivindícase  a figura de Andrés Dobarro”.

Sintetizando, Fernando Fernández Rego afirma que “o importante é o global. Co libro a xente descubriu un novo Andrés Dobarro”.

Porque, ás veces, a figura de Dobarro estaba dominada “pola lenda negra da súa época escura, o final con ese abandono,  o alcohol e demais…Pero, realmente, non se coñecía a súa vida. Agora sabemos moito máis”, explica.

“Sabemos que foi unha persoa que tiña depresións; que o seu pai faleceu sendo el moi novo; tamén morre prematuramente o seu cuñado…todo isto foron golpes moi duros para Andrés…Había moitas pezas do crebacabezas da súa vida que  descoñeciamos…”.

O DETONANTE DO LIBRO

“Para min Andrés é algo moi grande. Eu levaba desde o ano 2006/7 recollendo todo tipo de informacións sobre Andrés Dobarro porque tiña a intención de facer un libro del”. Fernando demorábase.  “Cando chegas a un personaxe do que queres facer unha biografía, teslle moito respecto e queres estar preparado para facelo ben”.

Fernández Rego con Andrea Lapique, hija de Andrés Dobarro, durante a presentación en Santiago.

Ata 2015 non xurdirá o detonante para poñerse a escribir. Foi precisamente o 1 de  xaneiro vendo un programa na TVG de Anxo Fernández, ‘O tren que me leva’, cando toma esa determinación. “Díxenme: xa é momento de que conte o que creo que foi a vida de Andrés. A visión que se está a dar del, non é a que sinto eu, non é o que me transmite a súa música e a súa persoa”.

Entón chamou a Andrea Lapique, a filla de Andrés Dobarro, e coa súa colaboración empezou o libro. Fixo moitas entrevistas a grupos e artistas relacionados con Andrés. Los Sprinters, un grupo de acompañamento de Andrés, que foi un dos grupos ye-yé que gravou máis discos, 6 LPs co selo Fontana. Nunha época na que era difícil gravar discos en Galicia. Entrevistou a Alfredo Mella, un dos compoñentes dos Sprinters. Outras entrevistas foron ao cantante Miki, que gravou os seus primeiros discos no mesmo estudio no que gravaba Andrés. Miguel Costas, Xoán Rubiá e outro personaxes da cultura galega, sobre todo músicos desa época.

 “Fixen un percorrido por toda a súa vida. Entón empecei a ter unha visión global”, conclúe.

OUTRAS ENTREVISTAS SOBRE ANDRÉS DOBARRO EN DL-G

Andrea Lapique, hija de Andrés Dobarro: “Mi padre era muy lanzado ante las cosas e intentaba no rendirse”

José Ramón Pardo, director de Ramalama Music: “Creo que hemos hecho un trabajo muy completo para devolver a primer plano a un nombre como el de Andrés Dobarro”

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada