jueves. 18.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.864 deles 2.635 son da área da Coruña, 992 da de Lugo, 1.459 da de Ourense, 907 da de Pontevedra, 1.994 da área de Vigo, 2.081 da de Santiago, e 796 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 90 están en UCI, 505 en unidades de hospitalización e 10.269 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 61.326 persoas curadas, rexistrándose 1.485 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.222.020.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 44.014.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS10.864           354 usuarios
           191 profesionais
FALECEMENTOS1.485          255 en residencias
          344 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
 NÚMERO DE POSITIVOS1.535
 AULAS PECHADAS31
 CENTROS PECHADOS2

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Contactos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

Do total de pacientes positivos, 90 están en UCI