fbpx
Participantes en la videoconferencia con la alcaldesa Nidia Arévalo.

Os datos urbanísticos seguen a progresión ascendente iniciada en 2017 en Mos

Aínda que o número total de licenzas concedidas e de asuntos urbanísticos levados a Xunta de Goberno mantívose en 2020 respecto a 2019, pese a crise sanitaria da COVID-19, cómpre destacar que continúa a progresión á alza sobre todo nas licenzas de obra maior para naves industriais e nas licenzas de actividade. Así o salientaban hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, Alberto Méndez, no balance anual que, como cada ano no mes de xaneiro, faise público desde o Concello de Mos.

No devandito balance anual de 2020 destaca o importante aumento de licenzas de naves que pasa de 11 en 2019 a 17 en 2020, téndose concedido o ano pasado 6 licenzas máis que o anterior; o que representa un crecemento porcentual do 54%.

Por outra banda, no que respecta ás licenzas de actividade, en 2020 concedéronse un total de 114 fronte ás 101 de 2019. É dicir, 13 licenzas máis que supoñen un incremento do 13%. Dentro das licenzas de actividade hai un tipo que aumentou especialmente, o de Comunicación Previa, que pasou de 81 en 2019, a 91 en 2020; 10 licenzas máis que representan un incremento do 12%.

Ademais das de nave industrial, outras licenzas de obra maior que tamén aumentaron foron as de canalizacións e redes eléctricas, pasando de 32 en 2019 a 37 en 2020. 5 licenzas máis que implican un crecemento do 15%.

Dentro das licenzas de obra menor as que máis aumentaron foron as de cambio de tella e muro de peche. As licenzas para cambio de tella en 2019 foron 33 e en 2020, 40. 7 licenzas máis que supoñen un crecemento porcentual do 21%.

As licenzas para muro de peche en 2019 foron 31 e en 2020, 37. 6 licenzas máis que supoñen un crecemento porcentual do 19%.

En canto a outros expedientes tramitados tamén aumentaron os de devolución de aval (13 en 2019 e 14 en 2020) e de Disciplina Urbanística (15 en 2019 e 36 en 2020).

Comezando o 2021 e recén rematado o 2020, os datos urbanísticos seguen a progresión ascendente iniciada en 2017 en Mos coa aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Urbanismo, Alberto Méndez, fixeron públicos estes datos que ofrecen un balance positivo respecto da actividade neste departamento a pesares da crise sanitaria da COVID-19 e, segundo consideran os representantes municipais, “foi en gran parte grazas ao pulo que supuxo a implantación do Plan Xeral, pero ademais da implantación do PXOM mosense, aprobado definitivamente en xaneiro de 2017, estas cifras veñen tamén derivadas do crecemento do Parque Empresarial PEMOS-Veigadaña, que se atopa ao 94% de ocupación, o que fai que Mos leve experimentando nos últimos anos un aumento importantísimo das licenzas urbanísticas concedidas”. O balance urbanístico de 2020 demostra unha vez máis que o de Mos é un Concello ideal tanto para vivir como para desenvolver unha actividade empresarial e/ou industrial.

Destes datos conclúese que “a existencia e implantación dun PXOM está animando aos particulares e ás empresas a establecer ou consolidar a súa residencia ou negocio, respectivamente, en Mos; e que a localidade mosense está a ser percibida e considerada como un bo municipio para vivir e crecer empresarialmente”, explican Arévalo e Méndez.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada