sábado. 20.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.795 deles 1.831 son da área da Coruña, 751 da de Lugo, 947 da de Ourense, 736 da de Pontevedra, 1.397 da área de Vigo, 1.642 da de Santiago, e 491 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 61 están en UCI, 360 en unidades de hospitalización e 7.374 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 59.484 persoas curadas, rexistrándose 1.445 falecementos.

Os últimos falecementos por coronavirus rexistrados correspóndense cunha muller de 96 anos falecida no HM Modelo Belén da Coruña, unha muller de 77 anos e un home de 69 que faleceron no CHOP e un home de 87 anos falecido no Hospital Comarcal de Verín.

O número de PCR realizadas é de 1.176.872.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS7.795         280 usuarios
         134 profesionais
FALECEMENTOS1.445            248 en residencias
           338 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Galicia segue a crecer en casos activos por coronavirus, 7.795