viernes. 29.03.2024

A Xunta de Galicia adxudicou cinco novas parcelas de solo empresarial con bonificación nos parques empresariais de Carballo, Ponte Caldelas e Santiago de Compostela.

En total as parcelas adxudicadas suman 15.784 metros cadrados, con bonificacións por importe de 566.719,84 euros.

No parque empresarial de Bértoa, en Carballo, Xestur adxudicou dúas parcelas, cun total de 3.216 metros cadrados, cunha bonificación de máis de 125.000 euros.

En Ponte Caldelas, adxudicouse unha parcela do parque empresarial de A Reigosa, cunha superficie de 8.357,75 euros e unha bonificación do prezo por importe de máis de 238.000 euros.

Finalmente, no parque empresarial de A Sionlla, en Santiago de Compostela, adxudicáronse dúas parcelas, cun total de 4.210 metros cadrados, cunha bonificación por importe de máis de 202.000 euros.

As empresas que adquiriron solo nestas superficies son do sector da madeira e do automóbil, do transporte de mercadorías e de almacenaxe agrícola.

Cinco novas parcelas de solo empresarial cunha bonificación de máis de medio millón de...