sábado. 20.04.2024

O Concello de Ponteareas, celebrou este martes o Pleno ordinario de decembro no que se deu conta da liquidación do orzamento de 2019 e o goberno presentou os datos de execución do orzamento e os indicadores económicos que definen e avalan a xestión económica realizada polo goberno municipal de BNG-PSOE.

O resultado orzamentario de 2019 é de 708.228,52  de euros, unha cifra positiva según fixa a lexislación. Outro dato relevante é o remanente de tesourería que é de 631.538,13 euros, unha cifra positiva por terceiro ano consecutivo e na liña da recuperación económica iniciada polo cambio de goberno en 2015. O ratio de endebedamento é do 8,6%, 1.126.000€, moi por debaixo do máximo legal de endebedamento que é do 110%. dos ingresos correntes.

Este é o terceiro ano consecutivo no que Ponteareas presenta unha execución do seu orzamento con remanente positivo, algo inédito na historica económica do Concello. Ademáis, segundo o informe de intervención faino cumprindo todas as obrigas legais de estabilidade orzamentaria, a regra de gasto e o límite da débeda.

O goberno local tamén quixo destacar que, na execución do orzamento, Ponteareas bateu outro récord, acadou a cifra máis alta da historia do Concello na execución, superando os 19 millóns de euros; 19.347.565,29, “o que demostra a capacidade e implicación de todo o persoal, dende o departamento económico a todos os departementos do Concello.

En canto á porcentaxe de obrigas recoñecidas que foron pagadas acadou o 95,71%.

O Resultado Orzamentario, é unha magnitude que compara o estado de gastos e ingresos do orzamento do exercicio corrente en termos de execución enfrontando os ingresos liquidados coas obrigas recoñecidas durante o exercicio e poñendo de manifesto en que medida os ingresos obtidos ao longo do exercicio orzamentario conseguiron dar cobertura aos gastos xerados durante o mesmo, presentando na liquidación que se informa, segundo indica a interventora, unha vez axustado, valores positivos por importe de 708.228,52 euros, o que supón que os dereitos recoñecidos netos superaron ás obrigas recoñecidas netas no indicado importe, é dicir, os recursos obtidos durante o exercicio permitiron o financiamento de todas as obrigas recoñecidas durante o mesmo, pagadas ou non pagadas, existindo ademais un exceso de recursos, por contía equivalente ao Resultado Orzamentario obtido.

Polo que se refíre á evolución do Remanente de Tesourería nos últimos anos, amósase no seguinte cadro:

ANO    REMANENTE DE TESOURERÍA PARA GASTOS XERAIS
2014- 5.031.208,90 euros
2015- 2.265.051,11 euros
2016- 1.051.088,18 euros
2017 1.213.430,81 euros
2018 1.993.681,65 euros
2019    631.538,13 euros
  

No cadro anterior pode apreciarse unha evolución positiva do Remanente de Tesourería, que ano tras ano viña presentando valores negativos e, por primeira vez ven a presentar resultado positivo no ano 2017, manténdose xa esta tendencia nos anos 2018 e 2019.

É de destacar que no último ano de goberno do PP e de Villar como concelleira de facenda, en 2014, o remanente de tesourería foi NEGATIVO en máis de 5 millóns de euros.

Outra das CONCLUSIÓNS importantes que recolle o informe de intervención, ademáis de cumprir co obxectivo de estabilidade orzamentaria, é de destacar a capacidade de financiamento que chega aos 572.000 euros

A execución da conta xeral de 2019 foi aprobada por maioría cos votos a favor do goberno BNG-PSOE, votando en contra os nove concelleiros do PP e ACIP. Tras esta aprobación agora serán remitidas as contas ao Consello de Contas, dando así cumprimento a xestión económica-orzamentaria e cumprindo coa lexislación e información pública de transparencia e bo goberno.

“Este resultado confirma de novo que o Concello de Ponteareas, dende 2015 está totalmente saneado económicamente e prioriza o investimento e os gastos en benestar social”, manifestou o Alcalde, Xosé Represas.

Terceiro ano consecutivo no que Ponteareas presenta unha execución do seu orzamento con...