fbpx

‘Papiromates’

Poderase visitar ata o vindeiro 9 de xaneiro, de luns a sábados en horario de 18.00 a 21.00 h

Últimos días para gozar da exposición «Papiromates. Matemáticas + creatividade = papiroflexia» organizada por Afundación, a Obra Social de ABANCA, e a Escuela Museo Origami Zaragoza (EMOZ) na Sede Afundación de Lugo. Esta mostra de pezas de papel, realizadas mediante a técnica do origami para poñer de manifesto a relación entre as matemáticas e a papiroflexia, poderase visitar ata o vindeiro 9 de xaneiro, de luns a sábados en horario de 18.00 a 21.00 h; domingos e festivos, pechado.

PAPIROMATES. MATEMÁTICAS+ CREATIVIDAD = PAPIROFLEXIA

Este proxecto expositivo está dedicado á relación entre as matemáticas e a papiroflexia, un vínculo moi estreito dado que os patróns matemáticos son imprescindibles para o deseño das figuras expostas.

Mediante estas pezas, de valor case escultórico e para cuxa elaboración non se utilizou nin cola de pegar nin tesoiras, só o encartado de papel, os asistentes poderán achegarse ás matemáticas desde unha nova perspectiva e coñecer, por exemplo, que é o «patrón de cicatrices» e a súa importancia á hora de deseñar novos modelos; como o origami modular constrúe corpos xeométricos ensamblando figuras de papel idénticas; ou como nas teselacións un mesmo motivo se repite numerosas veces cubrindo un plano a través de centos de pregos.

Ademais, a exposición tamén repasa as achegas dalgúns nomes relevantes no campo da papiroflexia, como o de Erik Demaine, Jeannine Mosely, Robert Lang ou a pregadora galega Covadonga Blanco, profesora de Matemática Aplicada na Universidade da Coruña e unha das principais impulsoras do grupo galego de papiroflexia, quen dedicou gran parte da súa carreira a investigar o origami como ferramenta pedagóxica para ensinar matemáticas.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada