jueves. 28.03.2024

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, anunciou hoxe que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico habilita  20,4 millóns de euros para apoiar proxectos de enerxías renovables en Galicia. Este importe divídese en dúas liñas de subvencións que xa se atopan abertas e que financiarán proxectos que empreguen renovables para a producción de enerxía eléctrica e térmica. As dúas convocatorias son xestionadas a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do MITECO, e xa están publicadas no BOE (10 de novembro e hoxe, 3 de decembro).

Javier Losada  engadiu que, segundo a estimacións iniciais, estas partidas mobilizarán un investimento privado adicional de polo menos 48,11 millóns de euros, “o que suporá, por un lado, un impulso para a reactivación económica e a xeración de emprego local e, por outro, contribuirán á diversificación das fontes de enerxía primaria e á redución da dependencia enerxética”. Ademáis, engadiu o delegado, permitirán eliminar 50.377 toneladas equivalentes de CO2 ao ano (t eq. CO2/ano), “contribuíndo á loita contra o cambio climático”.

PROXECTOS

O delegado fixo esta valoración coindindo coa publicación no Boletin Oficial do Estado da convocatoria de subvencións para instalacións de xeración de enerxía eléctrica con fontes de enerxía renovable en Galicia.

Javier Losada apuntou que estas axudas son unha aposta importante polo impulso ás enerxías renovables eléctricas no sectores da industria da automoción, forestal e madeireira, turismo e electrointensiva, con partidas específicas que permitirán o desenvolvemento de proxectos como instalacións de xeración e aproveitamento de biogás agroindustrial ou industrial e instalacións fotovoltaicas, entre outras.

CONVOCATORIA

Poderán presentarse á convocatoria as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, que vaian realizar un proxecto acorde con estas especificacións. Tamén poderán solicitar subvenciones comunidades de bens, comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades de propietarios e outras agrupacións que poidan levar a cabo a actuación da axuda. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o próximo 1 de febreiro de 2021.

Os proxectos serán seleccionados en réxime de concorrencia competitiva na súa valoración teránse en conta criterios vinculados á transición xusta, o reto demográfico, a xeración de emprego, a innovación e a loita contra a pobreza enerxética, entre outros.

Na convocatoria estipúlanse unhas cantidades preasignadas a cada tecnoloxía, aínda que poden varían en función da demanda no proceso de concorrencia competitiva: biogás agroindustrial ou industrial (500.000 €); biomasa (500.000 €); eólica (2.000.000 €); e fotovoltaica ( 9.000.000 €).

BOE publica a convocatoria relacionada coa producción de enerxía eléctrica aberta ata o...