martes. 16.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.904 deles 1.675 son da área da Coruña, 967 da de Lugo, 473 da de Ourense, 1.136 da de Pontevedra, 2.099 da área de Vigo, 866 da de Santiago, e 688 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 81 están en UCI, 388 en unidades de hospitalización e 7.435 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 42.856 persoas curadas, rexistrándose 1.193 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 894.592.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS7.904         450 usuarios
         214 profesionais
FALECEMENTOS1.193         212 en residencias
         294 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Do total de pacientes positivos, 81 están en UCI