fbpx
O directora de Turismo de Galicia puxo en valor a excelente evolución de Galicia como destino turístico durante o Foro Territorios Patrimonio que hoxe conclúe en Sober.

“A calidade é o fío condutor do noso modelo turístico”, afirma Nava Castro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou esta mañá o modelo galego de gobernanza turística como exemplo da aposta da Xunta por criterios de sustentabilidade e calidade no desenvolvemento do noso territorio como destino turístico. Nava Castro participou esta mañá nunha mesa redonda arredor da calidade no desenvolvemento dos destinos turísticos, no marco da celebración do Foro Territorio Patrimonio, que hoxe conclúe en Sober e que reuniu ao longo de dúas xornadas a destacados expertos na materia.

Durante a súa intervención Nava Castro destacou “o férreo compromiso coa calidade turística” da Xunta “que nos levou a incorporar este principio como transversal en todas as estratexias turísticas desenvolvidas nos últimos anos”. “A calidade é o fío condutor do noso modelo turístico”, asegurou a directora de Turismo de Galicia, quen fixo fincapé tamén na sustentabilidade como outro dos piares sobre os que se asenta o modelo de gobernanza turística galega.

Calidade e sustentabilidade cobran unha especial importancia en territorios como o da Ribeira Sacra, no que se desenvolveu este foro internacional e que será un dos beneficiarios dos dous Plans de Sustentabilidade recentemente aprobados polo Estado. Un plan que suporá un investimento por parte da Xunta de 850.000 euros co obxectivo de posibilitar o desenvolvemento turístico planificado, de calidade e sustentable, que implique á poboación e ao territorio na creación de novos produtos e na consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico.

No encontro tamén se abordaron cuestións coma a modernización e profesionalización do sector, a cooperación público-privada, a seguridade sanitaria, a ordenación dos recursos ou a dixitalización de servizos para dar respostas eficientes aos viaxeiros pos pandemia, que valoran criterios como a seguridade, a calidade e a saúde á hora de elixir os seus destinos.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada