viernes. 29.03.2024

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenenta de alcalde e concelleira de Saúde, Cristina Fdez. Davila, mantiveron nestas semanas encontros virtuais coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade para analizar a evolución da pandemia na localidade. “Agora que coñecemos os datos da evolución por parte da Xunta, facilitámolos á veciñanza para que sexamos conscientes da situación na que nos atopamos”, indicaron.

O goberno local sinala que “tras superar nos pasados días os cen casos activos, é necesario que a poboación continúe extremando as precaucións e respectando as medidas estipuladas para que descenda a incidencia da Covid-19 na localidade”.

Dende o executivo ponteareán sinalan que durante a última semana a cifra de casos activos ronda a centena, situándose neste xoves nas 93 persoas. Segundo indican, “o alarmante da situación é o aumento significativo de casos semanais, que se incrementan nun 26% a pesar de ser Ponteareas un dos ámbitos territoriais coas maiores restricións dentro da comunidade”.

“Segundo nos comunicaron na xuntanza mantida este xoves, o 80% dos contaxios proceden de encontros no ámbito privado, tanto familiares como non familiares, entre persoas non conviventes, polo que unha vez máis pedimos á veciñanza que eviten na medida do posible a permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos públicos e privados”, sinalan dende o goberno, incidindo na necesidade de respectar as medidas restritivas adoptadas para frear o avance da pandemia.

 O goberno lembra que, mentres se manteña en vigor o decreto da Xunta para conter a pandemia, están suspendidas todas as actividades e eventos socioculturais en instalacións públicas e centros socioculturais. Así mesmo, seguen pechadas as instalacións deportivas e continúa o reforzo na desinfección de espazos públicos como os parques infantís.

“Tras superar nos pasados días os cen casos activos, é necesario que a poboación...