fbpx
Foi realizada polo artista tudense Andrés Lamas. Editaranse 2 mil exemplares.

Nova guía da ruta xacobea polo camiño portugués

‘Tui, Capital do Camiño Portugués’ é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu polo municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui. Trátase dunha guía visual realizada polo artista local Andrés Lamas que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional até a Ponte de Orbenlle.

Este novo material promocional foi presentado esta mañá na Oficina de Turismo polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, e o autor Andrés Lamas.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou o singular deste traballo realizado sobre o Camiño Portugués no municipio, destacando amais o feito de ser realizado por un artista tudense, co que se promocionan todas as potencialidades locais dende o patrimonio ás profesionais como neste caso con artistas tudenses.

Foi realizada polo artista tudense Andrés Lamas. Editaranse 2 mil exemplares.

O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, explicou as característica da guía impresa en cartón, pregable e facilmente gardable no peto da que se publicarán 2 mil exemplares que estarán dispoñibles tanto na Oficina de Turismo coma nos albergues e hoteis cando reabran as súas portas. Recolle amais un oco para ser selado ben na propia oficina ou no establecemento hostaleiro onde se aloxe a persoa que realiza o Camiño.

Andrés Lamas, que conta cunha longa traxectoria profesional de deseño, explicou o meticuloso traballo realizado cun rotring 0.05 co que debuxo con puntos toda o mapa visual da ruta xacobea tudense, destacando aqueles lugares onde os peregrinos e peregrinas poden ter dúbidas sobre por onde continuar. Pero amais na outra cara da guía recolle algúns dos elementos patrimoniais do camiño  coma a Catedral, a igrexa de San Domingos, o cruceiro de San Bartolomeu ou a ponte romana da Veiga. 

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada