jueves. 25.04.2024

David Alonso, concelleiro de Deportes manifestou hoxe “o enorme orgullo que sentimos no Porriño con deportistas coma o ximnasta Hernán Sío e o ‘biker’ Jorge Punzón polos seus respectivos títulos acadados esta fin de semana.

Hernán Sío proclamouse subcampión de España de ximnasia rítmica en categoría infantil no campionato celebrado en Valencia. Foi segundo na clasificación xeral cunha nota de 28.600 puntos. Ademais o deportista do Club Ximnasia Porriño acadou medalla de prata nas modalidades de corda, mazas e cinta.

Hernan Sío, subcampeón de España infantil de gimnasia rítmica.

Pola súa banda o ciclista Jorge Punzón acadou a medalla de bronce no Campionato de España de XC Eliminator de bicicleta de montaña, na proba celebrada na montaña de Montjuich, en Barcelona. O ‘biker’ porriñés, aproveitando a súa presencia en terras catalás, tamén participou previamente na Copa do Mundo onde rematou en oitava posición. 

O concelleiro de Deportes indicou que “en breve, cando sexa posible polos compromisos dun e doutro, recibirémoslles no Concello para manifestarlles os nosos parabéns”.

O Porriño recibe na casa do Concello a dous deportistas