viernes. 29.03.2024

Afundación convoca un ano máis o seu Concurso de beléns, un referente na tradición cultural do Nadal en Galicia que este ano cumpre a súa edición número 55. As inscricións para participar pódense formalizar desde aquí e o prazo permanecerá aberto desde o 6 de novembro ata o vindeiro 27 de novembro. Poderá participar calquera persoa ou colectivo, podendo presentar só un belén por cada inscrición que, nesta ocasión, se fará chegar de maneira telemática a través de fotografías, tal e como se especifica nas bases desta edición. Para a elaboración das obras pódese utilizar calquera tipo de material e deberán montarse sobre unha superficie ríxida de, aproximadamente, un metro cadrado.

Un xurado valorará cada belén prestando especial atención á confección das figuras, a composición do conxunto, a orixinalidade, a unidade de estilo, o grao de dificultade e execución. En particular, o xurado atenderá con especial interese aqueles beléns que destaquen pola súa innovación, claridade na mensaxe solidaria e na técnica de ejecución, que serán os criterios esenciais para determinar a orde de premio na categoría xeral e na de beléns elaborados por colectivos de menores de dezaseis anos.

En función das directrices sanitarias, Afundación amosará os beléns participantes no concurso ou ben nunha exposición presencial ou virtual.

O tradicional Concurso de beléns poderá ser presencial ou virtual