viernes. 29.03.2024

O goberno local de Mos presentou onte a decisión de establecer a eliminación da taxa de venda ambulante, instalación de postos, barracas, casetas de vendas, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulante e rodaxe cinematográfico.

Ademais presenta unha moción que será debatida no pleno do próximo luns 28 solicitando o apoio da oposición para solicitarlle ao goberno central as seguintes medidas:

  • A exencións ou bonificación no pago do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) relacionados co exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente.

  • A exención ou bonificación no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica  (IVTM) para aqueles vehículos de carácter industrial, ante a imposibilidade de desenvolver a súa actividade por orde das autoridades administrativas ou sanitarias.

Dende o Concello de Mos, xa se puxeron en marcha fai meses, diferentes medidas fiscais e tributarias para axudar a este colectivo; como por exemplo: adaptar o Calendario fiscal ampliando o prazo de cobranza para o IVTM, a derrogación  de ordenanzas tales como as tasas das terrazas en vía publica, esención tasas por expedición de documentos administrativos, etc...

Mos elimina impuestos a los autónomos