jueves. 25.04.2024

Afundación, a Obra Social de ABANCA, acollerá mañá, xoves 24 de setembro, ás 11.00 h, a rolda de prensa da exposición «Castelao grafista (facsímile)», desenvolvida en colaboración coa Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia. No acto estarán Miguel Fernández Cid, comisario da exposición; Teresa Saiz, directora da Fundación Gonzalo Torrente Ballester; Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes; Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia; e M.ª Teresa Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta ata o vindeiro 23 de xaneiro de 2021 e poderase visitar de luns a venres de 17.30 a 20.30 h e sábados de 11.00 h a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h. Ademais, están previstas visitas guiadas gratuítas para o público xeral os días 1 de outubro, 5 de novembro, 3 de decembro e 7 de xaneiro ás 18.00 e ás 19.30 h para todas aquelas persoas que se inscriban aquí previamente.

A mostra reúne 19 facsímiles da Colección de Arte Afundación e 89 debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que 49 pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, no Café Moderno Afundación poderanse ver 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Así mesmo, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 cubertas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.

EventoInauguración da exposición a pé de rúa «Castelao grafista (facsímile)»
LugarCafé Moderno Afundación Pontevedra (praza de San Xosé, 3)
Data e horaXoves, 24 de setembro, ás 11.00 h
  AsistentesMiguel Fernández Cid, comisario da exposición Teresa Saiz, directora da Fundación Gonzalo Torrente Ballester Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia M.ª Teresa Cores, coordinadora da Área de Cultura de Afundación

‘Castelao grafista (facsímile)’ no Café Moderno Afundación en Pontevedra