viernes. 19.04.2024

Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, ás puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes presentados en cada un dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de médico de familia, pediatra e odontólogo de atención primaria, fisioterapeuta, técnico en coidados auxiliares de enfemería, persoal de servizos xerais e enfermeiro especialista das especialidades de enfermería de saúde mental, do traballo, familiar e comunitaria, obstétrico-xinecolóxica e pediátrica, que se realizaron entre os meses de febreiro e marzo deste ano.

Ofértanse un total de 1.492 prazas para un total de 11 categorías, das que 254 son de médicos de familia. Superaron a fase de oposición 4.953 aspirantes.

Con esta publicación declárase finalizada a fase de oposición para o acceso á condición de persoal estatutario fixo destas categorías.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNS

Está previsto que proximamente se publiquen as puntuacións provisionais da fase de concurso destes procesos.

O Sergas publica as puntuacións definitivas da fase de oposición dos procesos selectivos