viernes. 29.03.2024

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do II festival feminista de arte urbana Delas Fest, no que se enmarca Mulleres e cultura urbana, unha iniciativa que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e que se celebra, en diferentes espazos do Gaiás, o vindeiro 12 de setembro.

Valentín García, acompañado xunto coa concelleira de Acción Cultural e primeira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón; a comisaria do festival Delas Fest, Clara Rodríguez Cordeiro; e a artista encargada da intervención mural en Santiago, Xoana Almar, destacou “a importancia de combinar a análise arredor da cultura urbana galega en clave de xénero coa dinamización social do galego”. Así mesmo, lembrou que o público interesado en asistir debe inscribirse previamente no web www.cidadedacultura.gal e que o evento tamén se poderá seguir por streaming desde a canle de YouTube de 7H Cooperativa Cultural, entidade impulsora desta iniciativa.

II festival feminista de arte urbana Delas Fest