A diversidade das rutas galegas vai dente as más curtas, no río Catoira, ata as máis longas con sete etapas entre Ribadeo e Ortigueira.

A rede galega de camiños naturais, máis de 529 quilómetros

A Delegación do Goberno alenta a aproveitar os máis de 529 quilómetros de camiños naturais que impulsa o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en Galicia. As áreas coas rutas están repartidas en máis dunha decena de lugares, pensados para camiñantes e cicloturistas.
 
En total, o Ministerio conta con 10.300 quilómetros de rutas por todo o estado. Están pensados para combinar natureza e cultura cunha oferta na que a paisaxe, a arquitectura ou a gatronomía forman parte dun entramado que en Galicia alcanza as catro provincias.
 
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, explicou que a rede comezou en 1993 e, ata agora, acumula 244 millóns de euros de inversión do Ministerio. En Galicia, a última incorporación é a séptima etapa do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico, entre O Vicedo (Lugo) e Ladrido (Ortigueira, A Coruña), de 22,9 quilómetros.
 
A Delegación do Goberno destacou o compromiso do ministro, Luis Planas, con Galicia. O impulso á rede de camiños complementa outras actuacións recentes como as axudas para o sector pesqueiro, con 30 millóns de euros, ou o incremento do reparto de fondos aos agricultures máis novos da Comunidade, que medrou ata os 534.000 euros.
A rede galega de camiños naturais está na seguinte ligazón: https://www.mapa.gob.es/es/desarrollo-rural/temas/caminos-naturales/galicia_es_web_tcm30-420335.pdf
 
Camiño Natural das rutas ecológicas del río Catoira:

  • Ruta do río San Cibrán: 2,8 km
  • Ruta do río Catoira: 3,1 km

 
Camiño Natural das sendas en Abalo: Senda do Camiño Real: 10,4 km
 
Camiño Natural dos Arrieiros: 14,2 km
 
Camiño Natural da Ribeira Sacra:

  • Ruta mosteiro de Santa Cristina: 8 km
  • Ruta principal do mosteiro de Santo Estevo – Ermita Virxe do Monte: 32 km

 
Camiño Natural da Mirada Circular: Ancares leoneses de Guimará a Balboa: 70,9 km
 
Camiño Natural do río Barbantiño: 10,2 km
 
Camiño Natural do Interior. San Rosendo:

  • Tramo Porto Quintela – Celanova: 30,4 km
  • Tramo Celanova – Ourense: 37,8 km
  • Tramo Mondoñedo – Foz: 32,3 km

 
Camiño Natural de Carballeda de Avia: 18,3 km
 
Camiño Natural da Ruta do Cantábrico:

  • Etapa 1. Ribadeo – Las Catedrales: 20,9 km
  • Etapa 2. Las Catedrales – Foz: 21,6 km
  • Etapa 3. Foz – Burela: 20,8 km
  • Etapa 4. Burela – San Cibrao: 12,9 km
  • Etapa 5. San Cibrao – Viveiro: 29,8 km
  • Etapa 6. Viveiro – O Vicedo: 21,9 km
  • Etapa 7. O Vicedo – Ladrido: 22,9 km

 
Camiño Natural Vía Nova:

  • Tramo 1. Portela de Home a Santa Comba de Bande: 29,4 km
  • Tramo 2. Santa Comba de Bande – A Saínza: 31,4 km
  • Tramo 3. Biobra a Petín: 47,2 km
Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada
2