viernes. 19.04.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 740, deles 406 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 49 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 41 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 707 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.454 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 266.893.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS740    3 usuarios
    2 profesionais
FALECEMENTOS621 132 en residencias
 142 en hospitais e residencias integradas

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Galicia rexistra un total de 740 casos activos por coronavirus