jueves. 25.04.2024

A autovía A-52 rexistrará cortes de tráfico o luns e o martes para executar o estendido da capa de rodadura e avanzar nos últimos pasos para a posta en servizo da nova conexión co polígono de San Cibrao das Viñas.
O luns realizaranse cortes na calzada dereita, en sentido Vigo, manténdose a circulación na outra con dobre sentido mentres se efectúan os traballos.

O martes, o peche da circulación trasladarase á calzada esquerda, en sentido Benavente.

A Xunta continúa a ultimar os remates para a entrada en funcionamento desta nova conexión que reducirá en máis do 60% o percorrido actual entre o polígono e a autovía que vai a Madrid.

A actuación suporá un reforzo da seguridade viaria, mellorará a conectividade coa autovía de Celanova e reforzará a competitividade de toda esa zona.

A A-52 rexistrará cortes o luns e o martes