sábado. 20.04.2024

.  O Concello de Tui acaba de pór en marcha un Programa Integral para mulleres vítimas de violencia de xénero e en situación de vulnerabilidade denominado “Muller Tui”.

A súa presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Díz, xunto á traballadora social e as dúas técnicas do programa.  Asistiron membros da corporación municipal xunto a axentes sociais e representantes de distintas asociacións.

Na presentación o alcalde, Enrique Cabaleiro, sinalou o compromiso inequívoco do Concello de Tui coa igualdade destacando que por vez primeira se vai pór en marcha no municipio un programa integral para muller. 

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, destacou a súa satisfacción polo desenvolvemento deste programa co que dende o Concello se dará “resposta ao que nos parece que é unha clara necesidade das mulleres de Tui: unha atención especializada que teña en conta a desigualdade estrutural que aínda hoxe en día podemos percibir en tantas facetas da nosa sociedade respecto das mulleres polo simple feito de seren mulleres, e que esta pandemia viu a pór aínda mais de manifesto”. Amosou o seu convencemento en que as mulleres tudenses “o saberán aproveitar  e será un gran paso na mellora do seu benestar, na dos seus fillos e por ende na da sociedade en xeral, comenta  Dª Ana Núñez, concelleira de Igualdade.

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, destacou a necesidade de poder contar cun este programa específico dirixido ás mulleres.

A coordinadora dos Servizos Sociais, Carmen González, sinalou a importancia deste día pola posta en marcha dun servizo que “permitirá traballar en conxunto e prestar unha atención global”. Silvia…, a asesora xurídica de Muller Tui apuntou que prestarán unha atención especializada en todos os aspectos, e psicóloga Mónica , aludiu a atención psicolóxica especializada que se vai prestar grazas ao programa.

Unha xurídica e unha psicóloga conforman o equipo que realizará un traballo para...