jueves. 28.03.2024

O actual Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos 3.0 (V Edición), subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia foi iniciado no pasado mes de decembro con 100 persoas usuarias de diferentes perfís profesionais, grupos de idade entre os 17 e os 61 anos, e conta con 59 mulleres e 41 homes en busca activa de emprego. 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Promoción Empresarial, Economía e Emprego mosense, Julia Loureiro, informaron hoxe de que destas 100 persoas actualmente están traballando 23 e outras 13 máis traballaron nalgún momento desde o inicio do programa, o que fai un total de 36 insercións laborais. Unha porcentaxe do 36% de inserción a pesar da crise sanitaria da COVID19.

A data prevista para a finalización do Programa Integrado de Emprego é o 20 de outubro de 2020, aínda que se ten solicitado unha prórroga do proxecto ata decembro de 2020 para optimizar os resultados de inserción e engadir algunhas accións de interese no plan formativo a desenvolver.

Dentro deste Plan Formativo, ata o de agora fixéronse as seguintes accións formativas:a valiación de competencias persoais para o emprego (o número de participantes foi todo o colectivo de usuarios/as de 100 persoas). Promoción do emprendemento para mulleres (“She means business”); o número de participantes foi de 13 usuarias. Piloto de drons (o número de participantes que iniciaron este curso é de 14 usuarios/as). E desenvolvemento de habilidades de comunicación para docencia (no que participaron 3 usuarios).

Outras accións iniciadas teñen que ver coa mellora da empregabilidade incidindo na mellora das cualificacións; tal é o caso das seguintes: clases preparatorias para a convocatoria das probas obtención do título de ESO (15 participantes) e clases para a obtención do permiso de conducir (15 participantes).

Debido ó establecemento do estado de alarma provocado pola crise da COVID19, produciuse unha paralización das accións presencias do Programa integrado dende o 13 de marzo ata o 1 de xullo de 2020.

Nembargantes, durante todo este confinamento os técnicos do programa seguiron teletraballando e mantendo un contacto continuo, cos usuarios do programa integrado a través de sesión de orientación, asesoramento, información, vía telemática.

Así, para afrontar as previsibles consecuencias do confinamento, deseñouse e levóuse a cabo un Plan Formativo de Formación On Line cunha ampla oferta formativa (51 cursos diferentes) na que participaron un total de 49 usuarios/as.

Algunhas das áreas temáticas que cubriron estes diferentes cursos son: novas tecnoloxías, sector sanitario, sector alimentario, sector comercial e publicitario, administración e outras de carácter transversal como idiomas (en diferentes niveis), xestión medioambiental, etc.

Nas accións que se estaban impartindo na modalidade presencial, realizouse unha  adecuación  á situación a través da habilitación dunha plataforma  on line, para  que os participantes puidesen continuar coa preparación da formación ata  o inicio das clases de maneira presencial.

As vindeiras accións formativas a desenvolver no Programa Integrado de Emprego son: no mes de xullo retomáronse as accións formativas  presenciais paralizadas durante o estado de alama, tales como as clases preparatorias para convocatoria  probas obtención do título de ESO (15 participantes), permiso de conducir (15 participantes) e piloto de drones ( 6 participantes). E as próximas que se van realizar este mes son píldora formativa de marca persoal para 20 participantes, píldora formativa sobre elaboración de CV (20 participantes), píldora formativa sobre busca de emprego on line (20 participantes), píldora formativa postular a través de Infojobs (20 participantes), píldora formativa taller de entrevista (15 participantes), píldora formativa taller de entrevista (15  participantes), curso de carretilleiro (15 participantes), Grupo 1 Curso de informática básica (11 participantes), Grupo 2 Curso de informática básica (11 participantes) e seminario de emprego trasnfronterizo RED EURES (30 participantes).

As previsión das accións formativas de cara aos próximos meses son o inicio en agosto do certificado de profesionalidade de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais de 230 horas de duración para 15 persoas. En agosto un obradoiro de empredemento (15 participantes) e cursos de soldadura no sector da automoción (15 participantes). E en outubro preparación para certificación internacional  e europea de ICE3 , e BECAMOS en novas tecnoloxías.

O V Programa Integrado de Emprego de Mos logrou 36 insercións laborais