sábado. 20.04.2024

A Concellería de Cultura e Festas informa que o vindeiro sábado 18 ofrecerá un concerto musical a cargo do 'Dúo 'DeLís', ás 21 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios. O espazo para público, diante do Concello, terá un aforo restrinxido, só para 100 cadeiras, segundo organizou a devandita Concellería que dirixe Cami Moreira.

Este concerto enmarcase na programación cultural do Concello do Porriño “Para un tempo novo”, coa ocasión de rematar co estado de alarma e transitar cara a chamada “nova normalidade”.

'Dúo DeLís' está formado por Irma Bau e Irina Veselova  que coñecéronse en Barcelona a principios do 2017, nas “máster-class” do mestre Peter Bruns. A conexión entre elas é inmediata, e deciden dar continuidade a aquel encontro, formando un dúo estable.

Presentáronse en público no mes de marzo dese cun concerto en Barcelona, e en abril gañan por unanimidade o primeiro premio no 23º Concurso Internacional Papel de Música de Capellades. Despois acadaron o 2º premio no concurso internacional de Música de “Les Corts”, no auditorio AXA de Barcelona, e logo conseguen o 1º premio, tamén por unanimidade, no Concurso Internacional Mirabent i Magrans de Sitges, na modalidade de música de cámara.

Isto lévaas a ofrecer recitais en prestixiosas salas, ciclos de concertos e festivais de toda Cataluña e no resto do estado. Grazas ao premio obtido no concurso Papel de Música, gravan o seu primeiro CD, chamado “Joyas del romanticismo” no auditorio Atlántida de Vic baixo o selo de Solfa Recordings, coas sonatas de César Franck e Sergei Rachmaninov.

Aínda sendo unha formación recente, recibiron clases dos prestixiosos profesores Peter Bruns (Leipzig), María de Macedo (Madrid), Arnau Tomás (Cuarteto Casals) e Jacob Shaw (solista internacional).”

Concerto musical a cargo do 'Dúo “DeLís' no Porriño