jueves. 28.03.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 258, deles 40 son da área da Coruña, 117 da de Lugo, 5 da de Ourense, 2 da de Pontevedra, 77 da área de Vigo, 13 da de Santiago, e 4 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 252 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.776 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. O número de PCR realizadas é de 197.451. A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. 

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS258                         0 (usuarios)
                         1 (profesionais)
FALECEMENTOS619                      132 (en residencias)
                      142 (en hospitais e residencias integradas)

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Galicia rexistra un total de 258 casos activos por coronavirus