jueves. 25.04.2024

A Xunta de Galicia vén de adxudicar un total de 32.009 metros cadrados de solo empresarial con prezo bonificado en seis parques empresariais propiedade da empresa pública Xestur.

O prezo total que pagarán as empresas adxudicatarias supera os 2,9 millóns de euros, despois de aplicar bonificacións por importe de 1,37 millóns de euros.

As parcelas adxudicadas son as seguintes:

PARQUENº PARCELASSUPERFICIE m2PREZO €BONIFICACIÓN €
Boiro12.369168.201 23.688
Carballo170932.000 28.013,98
A Sionlla38.174878.137 374.753
Negreira11.53352.90152.876
Pereiro25.057202.280 202.2801
Mos414.1671.606.537 688.516,19
TOTAL1232.0092.940.2361.370.126,98

Dende a implantación das bonificacións no prezo do solo empresarial en 2015 a Xunta adxudicou preto de 2,3 millóns de metros cadrados nos parques propiedade do IGVS e de Xestur.

39.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións