Unión Deportiva Atios.

A Unión Deportiva Atios homenaxeada polo seu histórico ascenso á Terceira División de fútbol

A alcaldesa, Eva Garcia e o concelleiro de Deportes, David Alonso xunto con outros membros da corporación, ofrecerán mañá sábado, ás 20 horas, no consistorio, unha recepción en homenaxe á Unión Deportiva Atios polo seu histórico ascenso á Terceira División de fútbol.

A directiva, presidida por José Cebreiro, o cadro técnico encabezado polo adestrador principal, José Tizón e a plantilla de xogadores, a meirande parte xa renovados para a vindeira tempada 2020/2021 acudirán ao salón de sesión do Concello onde terá lugar o acto coas debidas pautas sanitarias e de distancia actualmente esixidas.

Despois do acto no Concello que será moi sinxelo, a comitiva realizará sendas ofrendas florais na Guía e Santa Baia, e finalmente, compartirán unha cea de confraternidade.

A U.D. Atios que xa conta con 51 anos de historia (cumpriu en 2019 as vodas de ouro) acadou  o ascenso de Rexional Preferente á Terceira División como líder do seu grupo, despois de 26 xornadas de campionato que rematou de xeito abrupto pola pandemia e o estado de alarma.

Dáse a circunstancia de que por segundo ano consecutivo un club porriñés ascende á Terceira. Na tempada 2018/2019 foi o C.D. Pontellas que seguirá militando tamén na Terceira División. De feito, agardase coñecer como organizará a Federación esta categoría. Presumiblemente con dous grupos polo que tanto U.D. Atios coma C.D. Pontellas desexan que lles emparellen no mesmo para manter un derbi moi esperado.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada