viernes. 29.03.2024

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de innovación (Gain), reinventa este ano o Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial para adaptar tanto o seu formato como a súa temática á situación provocada polo coronavirus. A terceira edición deste evento, que se celebra o 29 de xuño con motivo do Día Mundial do Deseño Industrial, desenvolverase en formato online e será o primeiro de catro encontros virtuais con profesionais do sector para analizar o papel do deseño no escenario de futuro condicionado pola crise do coronavirus. Baixo o título “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, o ciclo contará con recoñecidos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade en Galicia, o resto de España e outros países.

Este primeiro encontro, titulado “Deseño, empresa e sociedade: futuros posibles”, centrarase na reflexión e o debate sobre os retos e oportunidades que a actual situación abre na relación entre o deseño e a innovación empresarial.

Os profesionais de recoñecido prestixio que compartirán a súa visión cos participantes son Alberto Barreiro, con 20 anos de experiencia na exploración da relación das persoas cos medios dixitais e coas marcas a través da tecnoloxía; Manuel Vázquez, especializado na integración dos procesos creativos da arte, o deseño e o negocio; e Nuria Carballo, directora creativa, economista e analista de tendencias. Estes expertos construirán a súa visión sobre o futuro do deseño a partir da experiencia acumulada traballando para clientes como Chanel, Evian, Timberland, Heineken, Yahoo, Samsung, BBVA, Roche, Nationale Netherlanden, Orange ou MediaMarkt.

No encontro expoñerase a adaptación e reorientación das accións do Programa de Deseño para a Innovación 2020 ás circunstancias marcadas pola crise do coronavirus, co obxectivo de garantir a súa eficiencia neste novo escenario como promotor da apertura de canles de contacto produtivas entre os profesionais do deseño e as empresas galegas, difundir casos de éxito e boas prácticas e impulsar o deseño estratéxico como factor de competitividade para o tecido industrial de Galicia. Tamén se presentará a publicación “Futuros posibles: Deseño para a innovación na era pos-COVID”, que se sumará á colección editada pola Xunta de Galicia no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020.

O III Encontro do deseño galego abordará o futuro do sector ao servizo da...