La actuación musical se complementará con la exposición temporal Blanquísima do pintor, debuxante, escultor e serígrafo Nelson Villalobos.

Un ciclo de concertos de balde que se prolongará durante o serán dos próximos catro xoves e que estará centrado na música tradicional cubana.
‘O son cubano. De La Habana a Vigo’, no Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia acolle desde mañá O son cubano. De la Habana a Vigo, un ciclo de concertos de balde que se prolongará durante o serán dos próximos catro xoves e que estará centrado na música tradicional cubana. Trátase dunha actividade que complementará a exposición temporal Blanquísima su presencia, do pintor, debuxante, escultor e serígrafo Nelson Villalobos, que permanece aberta neste centro ata o 29 de xullo.

Así pois, mañá, o 18 de xuño e os días 2 e 9 de xullo terá lugar unha actuación da banda Pedro Campos y convergencia, un grupo de música cubana liderado polo musicoterapeuta Pedro Campos e outros tres artistas integrantes do grupo David Álvarez y juego de manos, que chegaron a España procedentes de Cuba hai 25 anos. O grupo interpretará versións de diferentes temas da música tradicional do país caribeño.

A actividade desenvolverase a partir das 20,30 horas na praza do Castro, situada no Museo do Mar de Galicia, e celebrarase gardando todas as medidas de seguridade precisas contra a covid-19. Así pois, contará cun aforo reducido de 20 persoas con cadansúa cadeira para que as persoas que o precisen poidan sentarse cumprindo os requirimentos de seguridade e hixiene.

VIGO E CUBA

Este ciclo de concertos encádrase na programación do Museo do Mar de Galicia tras a crise sanitaria e busca subliñar os lazos entre Cuba e cidade de Vigo. De feito, esta actividade concíbese como complemento á mostra Blanquísima su presencia, do artista Nelson Villalobos. Esta exposición conta con 62 obras do artista pertencente á chamada Xeración dos 80 en Cuba, das que a meirande parte constitúen unha retrospectiva da súa traxectoria, moi ligada ao país caribeño.

Neste sentido, un dos cadros que integran a mostra, realizada polo artista durante o confinamento interpreta a relación entre Galicia, Cuba, Vigo e A Habana e representa algúns símbolos destes territorios como o Apóstolo Santiago, as Illas Cíes, o Malecón ou a Catedral da Habana.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada