viernes. 19.04.2024

O

Concello de Ponteareas é un dos nove concellos galegos que lideran o ránking

con licitación de obra pública superior ao millón de euros nos catro primeiros

meses do ano. Ponteareas sitúase así por diante de grandes cidades e de varios

concellos con maior poboación, segundo o informe realizado pola Federación

Galega da Construcción sobre a actividade no primeiro cuadrimestre do ano, por

diante de cidades como Vigo, Santiago e Ourense.

O goberno municipal explica que entre as licitacións destaca polo importe do investimento a obra do entorno da piscina e centro de saúde por importe de 526.000 euros, financiada nun 80% cunha subvención por concurrencia competitiva da Deputación provincial, Plan DepoRemse. Tamén figuran obras de abastecemento de auga a varios núcleos, licitadas por máis de 190.000 euros, obras de mellora de eficiencia enerxética na Escola Infantil por 104.000 euros ou a reforma integral da rúa Redondela por 520.000 euros.

Neste

momento, os departamento de contratación e da estratexia “Ponteareas Hábitat

saudable” están finalizando os expedientes para contratar unha serie de obras

que superarán ampliamente os dous millóns de euros no seu conxunto, as de maior

cuantía son as obras de renovación integral da praza de Bugallal por importe de

770.000 euros e a rede calor para os edificios públicos por importe de 837.000

euros.

“Son

actuacións moi importantes que supoñen melloras nos espazos urbanos e en

servizos básicos pero que ao mesmo tempo permiten relanzar a economía en

sectores tan importantes na creación de emprego como a construción”, afirmou o

alcalde, Xosé Represas, engadindo que “a pesares da crise do Covid-19 imos

manter os investimentos previstos porque a execución das obras públicas sigue

sendo unha prioridade porque ademais crean postos de traballo”.

Estas

obras son financiadas con fondos propios do Concello, co apoio da Deputación de

Pontevedra a través de distintos plans e co respaldo da Unión Europea mediante

os fondos  europeos de desenvolvemento

rexional (FEDER), segundo explica a concelleira socialista Chus Garrote.

Ponteareas, un dos nove concellos que lideran a licitación de obra pública