martes. 23.04.2024

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou esta mañá nun acto simbólico organizado pola Real Academia Galega (RAG) en Santiago de Compostela, fronte a casa na que residiu o homenaxeado nas Letras Galegas de 2020, Ricardo Carvalho Calero. Durante a homenaxe, realizouse unha ofrenda floral ao pé da vivenda a cargo do presidente da RAG, Víctor Freixanes, e procedeuse á lectura dun poema do escritor, historiador e filólogo ferrolán por parte da académica Margarita Ledo. A gaiteira Susana Seivane pechou a cerimonia cunha interpretación do himno galego.

Ademais do titular de Cultura e Turismo, tamén asistiron ao acto o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García así como familiares do escritor e representantes da RAG e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López.

A Xunta súmase á homenaxe a Ricardo Carvalho Calero organizada pola RAG no Día das...