jueves. 25.04.2024

O arquitecto

César Portela vén de rematar a redacción do anteproxecto para a rehabilitación

do Teatro Principal de Tui. O Concello de Tui encargoulle este cometido como

paso previo para coñecer o investimento preciso e comezar a xestionar as

posibles vías para acometelo.

César Portela,

que nos anos 80 realizara xa un proxecto de rehabilitación inmoble, tivo agora

que adaptalo ás novas normativas en vigor tanto en materia de seguridade coma

de accesibilidade, e á situación actual do inmoble.  Un reto que o arquitecto asumiu tendo en conta

o valor histórico, cultural, urbanístico, arquitectónico e simbólico do

edificio.  A fachada principal manterase

conservando a tipoloxía do edificio, e a dimensión, posición e forma do

teatro.  Na fachada traseira que da ao

río aproveitarase esta condición e a súa posición estratéxica para crear unha

galería cun balcón sobre o Miño, onde se poderá emprazar un establecemento de

restauración. Contémplase tamén que a pequena finca da parte traseira poida

empregarse coma terraza.

Con este

anteproxecto o Concello de Tui poderá adoptar medidas encamiñadas a garantir

que o edificio non se siga degradando, e a recuperar aquelas pezas de interese

que poida haber no seu interior. Estas actuacións están xa contempladas no

documentos.

O seguinte paso

será buscar o financiamento preciso para facer da rehabilitación do Teatro

Principal unha realidade, e que o edificio constitúa a súa vez un eixo

dinamizador do conxunto histórico de Tui.

O anteproxecto para a rehabilitación do Teatro Principal tudense manterá a fachada