jueves. 25.04.2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de rematar as obras de reforma da rotonda de acceso ao polígono Chan da Ponte, na estrada PO-403, mellorando a accesibilidade ao parque empresarial de Salvaterra de Miño.

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, centrouse na ampliación do diámetro da glorieta para que as manobras dos vehículos pesados se podan realizar en condicións de maior seguridade e comodidade.

As obras permitiron mellorar a accesibilidade dende o punto quilométrico 0+870 da estrada PO-403 ao citado parque empresarial e tamén o acceso a unha importante zona de servizos do concello.

O departamento de Infraestruturas da Xunta continúa a colaborar cos concellos galegos para dotalos de infraestruturas que melloren a seguridade viaria e fomenten o desenvolvemento económico e social.

Reformada a rotonda de acceso ao polígono Chan da Ponte en Salvterra