viernes. 19.04.2024

Esta semana abríronse de novo en Tui os xardíns de Troncoso tras as obras de acondicionamento acometidas nos últimos meses.  A actuación levouse a cabo co financiamento do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Este espazo

público situado no Paseo Familia Álvarez Blázquez, que comunica o céntrico

Paseo da Corredoira coa rúa Antero Rubín, foi obxecto dunha actuación que o

dotou dun novo deseño para potenciar a súa condición de lugar tranquilo e crear

un espazo sensorial coa combinación de plantas elixidas.  Instalouse amais un sistema automático de rego.

Os Xardíns do Troncoso locen novo deseño para potenciar a súa condición de lugar...