jueves. 28.03.2024

Como consecuencia da decisión adoptada polo Consello de Ministros Portugues, donde se autoriza a partires do día 4 de maio a reapertura da pesca tradicional nas pesqueiras na marxe esquerda internacional do Rio Miño, decisión da que os alcaldes españoles se enteraron polos medios de comunicación e ante a falta de información na parte española sobre este tema.

O alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil, mantivo esta reunión urxente cos alcaldes de Crecente e As Neves e a Alcaldesa de Salvaterra para tratar sobre a reapertura da pesca tradicional da Lamprea no tramo do Rio Miño e no Rio Tea.

Na reunión os rexedores e a rexedora, decidiron remitir  un escrito conxunto dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas 'Pesqueiras' do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade esta considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo.

Os alcaldes e a Alcaldesa  entenden que se se autoriza o desprazamento persoal para coidado de animais e a actividades relacionadas coa agricultura para autoconsumo, a pesca da lamprea debería estar dentro desta categoría.

Os alcaldes e a alcaldesa

confían en que nestes días se aclare este asunto e  dende o goberno de España se teña en conta

esta pesca e os pescadores poidan acudir a pescar nas pesqueiras ou nas

estacadas, sempre cumprindo coas recomendacións sanitarias.

A apertura da pesca da lamprea do lado luso espolea aos rexidores do Condado a...