jueves. 28.03.2024

A Mesa Local do

Camiño reuniuse onte de xeito telemático no Concello de Tui . O alcalde,

Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano

Alonso, mantiveron un encontro cos representantes dos distintos sectores –

aloxamentos, restauración, servizos aos peregrinos, igrexa e movemento

asociativo xacobeo – que forman parte da Mesa. O obxectivo foi avaliar a

situación actual e as perspectivas no ámbito do Camiño de Santiago e a

peregrinación, un sector estratéxico na localidade.

A reunión comezou

coa valoración da situación actual na cidade por parte do alcalde, Enrique

Cabaleiro, quen deu conta do reducido índice de contaxios rexistrados no municipio

e das previsións de desaceleración económica. Por iso apuntou á necesidade

dunha acción coordinada entras as administracións públicas e o sector privado e

demais axentes implicados no Camiño de Santiago para superar esta situación de

crise.

Das intervencións

dos participantes pódese concluír a preocupación evidente pola situación e a

incerteza sobre prazos e posible retorno progresivo á normalidade. Tamén coincidiron

en sinalar a necesidade de ver nesta situación unha oportunidade para avanzar,

pois a peregrinación se realiza ao aire libre, en contacto coa natureza, que

son os espazos de primeira recuperación. Houbo unha coincidencia xeral sobre a

necesidade de contar con protocolos sanitarios para lograr que os

establecementos teñan garantida a seguridade para todos os clientes, así como

de traballar nun mellor posicionamento de Tui nas redes sociais de cara á nova

etapa post-covid19.

Tanto Enrique

Cabaleiro como Laureno Alonso manifestaron a súa satisfacción por esta reunión

pois permitiu coñecer de primeira man a situación deste sector e continuar o

traballo que se impulsa a través da Mesa do Camiño de Santiago en Tui de

cooperación entre os diversos sectores implicados. Un sector, o do Camiño

Portugués, que todos confían en que rexurda e continúe aportando un importante

pulo ao desenvolvemento local coma até o de agora. Neste obxectivo cóntase coa

implicación de todos nun traballo conxunto de preparación dos novos escenarios

post-confinamento.

La Mesa Local do Camiño insta a reactivar la peregrinación por realizarse ao aire libre...