jueves. 25.04.2024

A rede de voluntarias e voluntarios , durante o estado de alarma, está amosando a súa solidariedade regalando comprensión, atencións e achegando a quen máis o precisa produtos de primeira necesidade, medicinas, entretemento  ou facilitando xestións con outras entidades.

Máis de 180 servizos a 86 familias e entidades foron

testemuña durante este mes do lado máis humano dos e das voluntarias de

Ponteareas, que traballaron en coordinación cos servizos sociais municipais e

co apoio das e dos voluntarios de Protección Civil Ponteareas sempre que foi

necesario.

“O seu traballo e a súa xenerosidade é vital nestes

intres nos que non podemos saír á rúa nin contar coa familia, amizades ou

veciñanza coa que antes resolviamos os nosos recados. As e os voluntarios de

Ponteareas son un orgullo para o noso concello e un exemplo de que todos e

todas xuntas sairemos desta situación temporal. Son moitas as familias que nos

trasladan os seus agradecementos polo esforzo e a entrega dos e das nosas

voluntarias”.

O servizo de axuda a persoas con necesidades básicas

durante a crise do COVID-19 axuda aos e ás máis vulnerables na compra de

alimentación, adquisición de medicamentos, retirada de lixo da vivenda, recados

de primeira necesidade ou atención psicolóxica. “Neste servizo tamén contamos

cun equipo de psicólogas, e cando detectamos que unha persoa precisa atención

psicolóxica, ademais de atenderlle a súa necesidade, unha profesional contacta

con ela para prestarlle axuda e facer un seguimento periódico da súa

situación.”

Maiores, persoas con mobilidade reducida ou patoloxías

crónicas e persoas con dependentes a cargo contan coa axuda desinteresada

destes voluntarios e voluntarias. Organizados dende a oficina municipal de voluntariado

traballan a diario e tamén ofrecen acompañamento telefónico para que este tempo

de confinamento ninguén se sinta só.

Todas as persoas que precisen axuda para satisfacer estas

necesidades básicas poderán dispoñer deste servizo chamando ao teléfono 687 764

516, de luns a venres, en horario de 10 a 14h e de 16 a 19h. As persoas

voluntarias cumpren todas as medidas preventivas para evitar o contaxio e

ofrecer o servizo con seguridade.

O concelleiro responsable da Oficina Municipal de

Voluntariado traslada tamén os seus agradecementos á asociación Ponte

Solidario, que colabora con este servizo, e indica que aquelas persoas que

queiran unirse e formar parte do voluntariado para colaborar na posta en marcha

destas accións, poderán facelo enviando un correo electrónico coa súa

disposición ao enderezo [email protected].

Voluntariado ponteareán gardiáns de todas as medidas preventivas para evitar o contaxio...