viernes. 29.03.2024

Dende as 7 horas desta mañá, axentes de Policía Local e voluntarios de Protección Civil entregaron mascariñas aos traballadores que hoxe reincorporanse nas empresas e industrias autorizadas polo Goberno Central.

Montaronse controis nas rotondas de acceso aos polígonos industriais de O Porriño onde realizouse esta tarefa en colaboración coa Garda Civil.
A Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de O Porriño colaborarán xunto coa Garda Civil, no reparto de mascariñas con motivo da volta ao traballo nos sectores autorizados polo Goberno Central.

Ese reparto realizouse conforme as instruccións recibidas pola Policía Local e Protección Civil, a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.

Por outra banda, a Policía Local do Porriño seguirá a colaborar coas restantes forzas de seguridade baixo o mando único do Goberno Central, nas tarefas de vixiancia e control do cumprimento do estado de alarma que se manten duas semanas máis, polo momento.

Mascariñas para os traballadores dos polígonos industriais porriñeses