jueves. 28.03.2024

Os voluntarios de Ponteareas fan un chamamento á cidadanía da man da voluntaria Azucena de la Fuente Mateo que ofrecerá titoriais de calceta a través da canle de YouTube 'Voluntariado Ponteareas' e a través da conta de instagram @voluntariadomedioambiental

Grazas a esta iniciativa da oficina de voluntariado do Concello de Ponteareas, a mocidade, os adultos e os maiores únense para aprender todos e todas a confeccionar prendas e creacións coas las doadas polo comercio local 'Calceta'.

O primeiro vídeo de presentación da iniciativa está no enlace da canle de Youtube https://youtu.be/EsItGmZ8QQ4

Cada

dous días na canle de youtube e en instagram teremos novas sesións nas que ir

aprendendo diferentes puntos e técnicas de calceta, pero ademais, a mocidade

participante tamén irá amosando os seus progresos e os máis maiores achegarán

contidos agasallándonos os seus coñecementos de calceta.

Ademais, os titoriais serán difundidos por WhatsApp para que todas e todos en calquera momento do día poidan compartir a experiencia.

Este

proxecto, que pretende unir a toda a cidadanía a través dunha actividade multixeracional

na que uns aprenden dos outros, empregará ao final da nosa tempada de corentena

todas as creacións que queiran achegar os e as participantes para adornar as

rúas e prazas de Ponteareas.

A

calceta relaxa, fomenta a creatividade e a mobilidade e coordinación das mans,

obriga a pensar continuamente estimulando as conexións neuronais e pódese

practicar en calquera espazo, ademais de recuperar unha artesanía que se

transmitía de xeración en xeración e pór en valor esta materia prima.

A calceta relaxa no confinamento