jueves. 28.03.2024

O Concello do Porriño acaba de lanzar a convocatoria do concurso 'Batalla de Debuxantes: ImprovisDado', dirixida a debuxantes con idades comprendidas entre os 12 e os 45 anos, de nacionalidade española ou extranxeira. Terán que desenvolver de xeito profesional ou aficionado algunha das seguintes disciplinas artísitas vencelladas coa pintura: ilustración, graffiti, tatuaxe, banda deseñada ou outras técnicas de debuxo de man alzada.

A convocatoria lanzase dende a Concellería de

Cultura e a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) como

un estímulo para os creativos, para que poidan traballar dende as súas casas

pese ao actual confinamento polas medidas do estado de alarma. Dado que poden

facer os seus debuxos na casa e ser envíados por vía telemática, dentro de

prazo establecido con propósito de chegar a competir na fase final.

Neste senso indicar que a inscrición é de balde. Os debuxos deberán presentarse por vía electrónica en formato JPG ou PDF cunha resolución igual ou superior a 1.200 px por 1.200 px. Deberán envíarse escaneados ao correo [email protected] indicando como asunto: InscriciónConcurso ImprovisDado”.

O prazo de envío dos debuxos comezará o 1 de

maio e estará aberto ata o 30 de xuño.

De entre todos os debuxos presentados serán

seleccionados os artistas que concurrirán á final que sí será presencial, que

está prevista pata celebrarse o 19 de setembro. Terá unhas regras específicas e

unha dotación económica en premios que se detallan nas bases da convocatoria

que podese consultar na web do Concello e na web do departamento de Cultura.

'Batalla de Debuxantes: ImprovisDado', concurso de pintura para tiempos de confinamiento