viernes. 19.04.2024

A Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19 decretaba o pasado luns que por parte da empresa concesionaria do contrato de servizos da limpeza municipal procederíase a unha desinfección dous días á semana en todas as zonas urbanas do Concello, que hoxe se anunciou verase reforzada.

As zonas prioritarias de desinfección son dúas: a zona 1 que cubre a parroquia de Sanguiñeda nos lugares de As Angustias, Avenida de Sanguiñeda, Farmacia e contorna dos supermercados; e a zona 2 que cubre as parroquias de Tameiga e Pereiras. En Tameiga realízase nos lugares de San Eleuterio, Avenida de Puxeiros, e contorna do Rebullón e do Centro de Saúde. E en Pereiras realízase na urbanización de San Rafael.

O resto de zonas de actuación son a farmacia da parroquia de Pereiras, a farmacia e o contorno do Pazo de Mos na parroquia de Mos, a zona de Peinador que abrangue as parroquias de Torroso e Guizán e As Pozas en Petelos.

As actuacións realizadas ata a data centráronse na limpeza con varios equipos de alta presión (cisterna de 5.000 litros autopropulsada, vehículo específico lava beirarrúas e hidrolimpadora AP) dotada de produtos desinfectantes de uso específico.

Estes labores concéntranse en todas aquelas zonas nas que se poida producir acumulación de persoas permitidas segundo as excepcións marcadas polo RD 463/2020 e que, en resumo son: zonas asistenciais, farmacias e centros de adquisición de produtos alimenticios de primeira necesidade.

Nos lugares de especial sensibilidade lévase a cabo unha desinfección moito máis detallada co emprego de equipos individuais dotados de bombas manuais e con hipoclorito sódico nunha dilución máxima do 5%.

Préstase especial atención nas zonas de acción prioritaria a todos aqueles elementos que poidan ser usados de forma habitual polos cidadáns: pasamáns, bancos, escaleiras, marquesiñas, papeleiras e contedores.

En canto á limpeza e desinfección de contedores concéntranse as actuacións nas zonas de alta prioridade incluíndo a súa desinfección exterior con axentes clorados para diminuír os riscos de contacto con tapas e outros elementos. A frecuencia de desinfección dos mesmos é de 2 veces á semana.

Mos desinfectará dous veces á semana pasamáns, bancos, escaleiras, marquesiñas,...